Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Protéxome antes posibles fraudes. | Gaiástech

Protéxome antes posibles fraudes.

Retransmisión en liña

No marco do #DíaDeInternet 2022, a Asociación Somos Dixital preparou un programa de actividades co que pretende poñer en valor os centros de competencias dixitais e das persoas que traballan neles así como as ferramentas e o potencial da internet para as persoas maiores e o envecimiento saudable. 

Unha das temáticas dos webminars é "de forma segura". Dentro dela, agrúpanse catro xornadas específicas sobre a adquisición de capacidades e habilidades para enfrontarse ao uso da tecnoloxía dixital de forma segura. "Protéxome ante posibles fraudes" é o terceiro deles.

Programa:

No mundo sempre existiron os “amigos do alleo”, persoas que, aproveitándose de descoidos, enganan ás súas vítimas para facerse cos seus datos ou diñeiro. Actualmente este tipo de estafas tamén se dixitalizaron.

Neste webinar abordaranse algunhas das máis comúns, a maneira de non caer nelas e posibles solucións. Ademais, darase a oportunidade aos asistentes de resolver as súas dúbidas ao redor desta temática.

 

10:30- Inicio do evento

Salvador Real Plehan (Fundación Dédalo). Formador profesional, experto en Tics e colaborador habitual de Fundación Dédalo.

 

11:30- Fin do evento

Máis Información

Día Internet Segura

Cando?

13 Mai 2022
10:30h a 11:30h

Onde?

Retransmisión en liña

Para quen?

Persoas maiores interesadas en mellorar as súas capacidades dixitais