Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PRAZAS COMPLETAS | Tech Kids: argallando entre xeracións | Gaiástech

PRAZAS COMPLETAS | Tech Kids: argallando entre xeracións

Presencial (Centro GaiásTech)

Ten como obxectivo poñer en práctica o talento dixital e a capacidade de resolución de problemas da rapazada ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna colaborativa.
 

Programa:

As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións como ao uso das tecnoloxías disruptivas presentes nas aulas CeMIT para implementalas (deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación e drons).

A partir desta aprendizaxe, sentaranse as bases para poder deseñar e desenvolver voluntariamente un reto científico-tecnolóxico interxeracional que mesture a tecnoloxía e a innovación coa cultura e a tradición (grupos de persoas de distintas idades) que sirva como instrumento para impulsar a creatividade, o uso e aproveitamento do equipamento e materiais a través de proxectos autónomos que teña como base a formación recibida. (Para máis información podes visitar a páxina web do reto).

Organiza:

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

O CPEIG é o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. É unha corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro e que se regula polos estatutos aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo. É unha entidade sen ánimo de lucro.

Impartido por

Cristina Mangana
Cristina Mangana

Con estudos en Enxeñaría Química, apaixoada do mundo maker e con anos de experiencia desenvolvendo actividades de divulgación e experimentación cientifico-tecnolóxica para todos os públicos.

pablo novoa
Pablo Novoa

Con estudos en Enxeñaría informática, Administración de Empresas e Audiovisuais, dirixe unha iniciativa de formación STEAM en Galicia, na que reflicte as súas diversas paixóns.

Máis Información

Esta actividade está organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

tech kids 2025

Cando?

12 Set 2025
19 Sep 2025, 03 Out 2025 | De 16:00 a 18:30

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech)

Quen participa?

  • Cristina Mangana
  • Pablo Novoa

Para quen?

Dirixido á rapazada entre 12 e 18 anos