Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Transforma as túas chamadas perdidas en reservas grazas á IA | Gaiástech

Transforma as túas chamadas perdidas en reservas grazas á IA

Streaming
Imparte: PlaceIn

O obxectivo da sesión é que os participantes coñezan as potencialidades no uso de asistentes telefónicos conversacionais para a xestión de reservas en restaurantes.

A través dunha sesión moi práctica, as persoas asistentes poderán ver e coñecer de primeira man as potencialidades da Intelixencia Artificial para os seus negocios.
 

Programa:

A través dunha sesión moi práctica, demostrarase como un asistente telefónico potenciado por Intelixencia Artificial pode:

  • Xestionar reservas telefónicas para restaurantes
  • Xestionar cambios e cancelacións nas reservas
  • Conexión do asistente telefónico co libro de reservas dixital do restaurante
  • Maximizar a produtividade do equipo en sala
  • Romper as barreiras do acceso á tecnoloxía, xa que calquera restaurante pode implementar esta IA e aproveitar os seus beneficios
     

Imparte:

PlaceIn

Compañía tecnolóxica que desenvolve solucións na nube para axudar á dixitalización de procesos e fomentar o benestar do sector hostaleiro. Teñen unha plataforma de solucións todo en un, o que beneficia ao seu cliente a ter nun só lugar todas as ferramentas que precisa para a xestión do seu negocio, aforrándolle tempo e diñeiro.

Impartido por

Lucía González
Lucía González

Directora de Marketing, leva máis de 10 anos dedicada á dirección do marketing e a comunicación en empresas tecnolóxicas galegas. É ademais vicepresidenta de Markea, a Asociación galega de Marketing e embaixadora da Fundación Princesa de Girona en Galicia. 
 

hostelería

Cando?

12 Mai 2025
De 10:00 a 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • PlaceIn
  • Lucía González

Para quen?

  • Persoal que traballe en restaurantes, cafeterías ou bares, panadarías, xeaderías, hoteis... 
  • Persoas interesadas en xeral en descubrir como a tecnoloxía usada con propósito pode axudarlles a conseguir máis e mellores resultados no seu quefacer diario.