A visión artificial aplicada á industria | Gaiástech

A visión artificial aplicada á industria

Centro GaiásTech e Streaming
Imparte: Train on Tech

INSCRÍBETE

Sen que nos demos conta, a visión artificial está instalada no noso día a día e estamos convivindo con ela continuamente. Sen embargo, existen moitas diferencias se a aplicamos no eido industrial e moitas dudas se a queremos usar. Tamén son moitas as instalacions industriais que poden mellorarse e modernizarse usando esta tecnoloxía.

O obxectivo principal é responder as seguintes dudas se quero aplicala na miña empresa ou nos meus procesos productivos:

  • ¿Qué é realmente a visión artificial?
  • ¿De qué elementos consta a nivel hardware e software?
  • ¿Qué podo utilizar para a programación?
  • ¿Cómo teño que encarar un proxecto de visión artificial na industria?
     

Programa:

  • Que é a visión artificial e a súa aplicación na industria.
    • Introdución á visión artificial.
    • Elementos dun sistema de visión artificial: Hardware.
    • Elementos dun sistema de visión artificial: Software.
    • Definición dun proxecto de visión artificial.
    • Exemplos.
       

Interveñen

Imparte:

Train on Tech

Plataforma de Formación On-line orientada a profesionais da Industria e a Enxeñería.

Impartido por

manuel alvarez souto
Manuel Álvarez Souto

Enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo con máis de 12 anos de experiencia en tarefas de programación software, automatización, dixitalización, sistemas de visión artificial e integración de diferentes tecnoloxías, centrado nos últimos anos na Industria 4.0.

Co obxectivo de apoiar ás empresas e axudalas a mellorar, ofrece a súa experiencia e coñecementos en tecnoloxías da Industria 4.0, automatización e desenrolo software.
 

vision_artificial

Cando?

20 de Abril de 2022
18:00 - 19:00

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Quen participa?

Train on Tech Manuel Álvarez Souto

Para quen?

Empresas que queren mellorar a súa producción ou automatizar e modernizar procesos tediosos ou nos que existen defectos habituais e non teñen claro como a visión artificial pode axudarlles.

Empresas ou organizacións con interés en aprender esta tecnoloxía, así como poder aplicala a procesos e resolver dudas para a súa implantación.