Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xestión integral dunha peme con Software Libre: Odoo ERP | Gaiástech

Xestión integral dunha peme con Software Libre: Odoo ERP

Streaming
Imparte: Anubía

Inscrición

Porque o entorno OdooERP permite a xestión integrada e completa en pequenas empresas da xestión da parte comercial e administrativa (Ventas, Facturación, Contabilidade) e da xestion loxística (Almacéns, Compras), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación as necesidades propios de cada empresa).
 

Programa:

  • Puntos nos que se dividirá a sesión (non esquecer quenda de preguntas)
  • Presentación práctica dos módulos de Odoo ERP para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme.
  • Explicación do funcionamento básico de módulos de Odoo: CRM, Ventas, Almacén, Compras, Facturación
  • Quenda de preguntas
     

Interveñen

Imparte:

Anubía

Anubía é unha compañía que promove a dixitalización das empresas a través de Odoo. Conta con máis de 10 anos de experiencia en Odoo e máis de 75 proxectos de implantación de Odoo en toda clase de sectores: alimentación, fabricación/produción, distribución, enxeñería, automoción, educación...
 

Organiza:

AGASOL

AGASOL é unha iniciativa de empresas galegas de Software Libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.

Levamos en galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e Gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc e en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia, etc. e en 4 continentes.
 

Impartido por

wilfredo anubia
Wilfredo Santana Alonso

Enxeñeiro Industrial e Máster en Xestión da cadea de subministro e Loxística, Socio-administrador de Anubía Soluciones en la Nube, S.L.

odoo

Cando?

17 Xuñ 2022
12:00-13:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Anubía
  • Wilfredo Santana Alonso

Para quen?

Microempresas e pemes de compra-venta en xeral (tanto por xunto, como polo miúdo), interesadas en mellorar o tratamento dos datos xerados ó longo da súa actividade loxística-empresarial, co fin de mellorar a sua xestion diaria e permitir unha mellor toma de decisións.