Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xestión intelixente da empresa coa combinación de ferramentas de intelixencia de negocio e traballo colaborativo | Gaiástech

Xestión intelixente da empresa coa combinación de ferramentas de intelixencia de negocio e traballo colaborativo

Streaming
Imparte: INOVA

Inscríbete

Inova ven de ser recoñecido por Red.es como axente implantador do kit dixital en cinco servizos: 

  1. Xestión de clientes: CRM – Solucións dixitais para a xestión comercial
  2. Business Intelligence: implantación de cadros de mando dixitais
  3. Sitio web e presencia en internet: deseño web, publicidade e posicionamento en buscadores
  4. Ferramentas de oficina virtual: Ferramentas de traballo colaborativo
  5. Xestión de procesos: dixitalización e automatización de procesos de negocio.

Neste webinar, centrarémonos nas ventaxas de combinar dúas delas: intelixencia de negocio e ferramentas de traballo colaborativo. 
 

Programa:

Coñece como Inova pode axudarche a organizar e rexistrar correctamente os datos da túa empresa e amosalos do xeito máis visual posible para facilitar a toma de decisións empresariais. Asimesmo, explicaremos de que xeito pode favorecer á dinámica e á produtividade de calqueira empresa as ferramentas de traballo colaborativo así como as maneiras de obter información relevante sobre a xestión de proxectos, ofertas, clientes e facturas co emprego de solucións dixitais como Power BI ou Sharepoint.

O webinar estructurase en tres partes:

  • Potencial das ferramentas de intelixencia de negocio (Power BI)
  • Xestores de proxectos e solucións dixitais de traballo colaborativo (Sharepoint)
  • Resultado da combinación de ambas ferramentas
  • Quenda de preguntas
     

Imparte:

INOVA

Entidade colaboradora da EOI (Escola de Organización Industrial), especializada no desenvolvemento, consolidación e escalado de pemes a través da innovación, o emprendemento, a sustentabilidade e a dixitalización. Con máis de dúas décadas de experiencia, Inova axudou a centos de empresas a medrar, ofrecendo un enfoque personalizado, orientado a obxectivos e cun profundo coñecemento das axudas públicas e das estratexias empresariais.

Impartido por

Eva Gestoso
Eva Gestoso

Responsable de Transformación Dixital de Inova

INNOVA

Cando?

03 Mai 2022
10:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • INOVA
  • Eva Gestoso
  • Adrián Rial

Para quen?

Micropemes e pemes interesadas en aproveitar todo o potencial que aportan os incontables datos que xera a actividade habitual da empresa pero que descoñecen cómo explotalos para gañar en productividade, eficiencia e produtividade e, por tanto, en competitividade nun contexto cambiante como o actual.