A Amtega contribúe á transmisión de coñecemento en ciberseguridade á mocidade galega.
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia segue contribuíndo no reforzo de xerar talento especializado en ciberseguridade, labor fundamental para tentar solventar os últimos datos oficiais que apuntan a unha fenda de talento neste campo que afetará a 80.000 postos de traballo en 2024 en España.
- Hoxe, a Amtega impartiu ao alumnado dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade de Galicia unha sesión práctica sobre a xestión da ciberseguridade, as plataformas e as ferramentas asociadas nunha gran organización como a Xunta de Galicia.
- A xornada foi destinada ao alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, do IES San Clemente de Santiago, do CIFP Politécnico de Santiago e do CIFP Politécnico de Lugo, centros nos que se imparten actualmente en Galicia dita formación especializada en ciberseguridade.
O desequilibrio existente entre a oferta e a demanda laboral no eido da ciberseguridade está patente a nivel internacional.
Os datos mais recentes da Comisión Europea amosan que no último ano houbo 341.000 postos de traballo vacantes para profesionais TIC en Europa, máis de 168.000 na rama da ciberseguridade. Ademais, unha de cada catro empresas españolas, e case a metade das europeas que tentaron contratar profesionais especializados nas ramas TIC, poñen de manifesto que un dos principais obstáculos para cubrir os postos ofertados é a falta de persoal cualificado que conte con formación especializada na materia.
Co fin de resolver este desequilibrio laboral, a Comisión Europea estableceu como obxectivo que ou colectivo de especialistas TIC aumente dúas 8,4 millóns non 2020 ata vos 20 millóns en 2030, ou que suporá ou 10% do total de emprego esperado en Europa non ano 2030. O Goberno de España, no marco da Axenda España 2025, fixou como meta que se incremente o número de especialistas en ciberseguridade, intelixencia artificial e datos en 20.000 no período 2020-2025.
Seguindo o roteiro internacional para solventar este desaxuste existente, en Galicia tamén se está levando a cabo un esforzo por xerar talento no eido da seguridade da información. A Xunta de Galicia, entre outras accións, implantou nos últimos anos dous novos Cursos de Especialización no marco da Formación Profesional: o Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornas das Tecnoloxías da Operación, e o Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornas das Tecnoloxías da Información.
A través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Xunta segue apostando por reforzar a creación de talento especializado. Así, a Amtega, encargada de promover e transmitir coñecementos en ciberseguridade á cidadanía, impartiu hoxe unha sesión práctica ao alumnado dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade de Galicia sobre a xestión da ciberseguridade, as plataformas e as ferramentas asociadas nunha gran organización como a Xunta de Galicia. Os relatores impartiron aos asistentes un seminario sobre as plataformas e ferramentas de seguridadade empregadas pola Axencia, aportando unha visión técnica e práctica nunha contorna de aplicación real en produción, e expoñendo os beneficios e vantaxes do seu emprego no día a día para conter e erradicar as ameazas dixitais.
O seminario foi impartido ao alumnado dos centros educativos de Galicia onde se imparten actualmente ditos Cursos de Especialización: o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, o IES San Clemente de Santiago, o CIFP Politécnico de Santiago e do CIFP Politécnico de Lugo.