Arranca a 3ª edición do curso online, gratuíto e de curta duración, “Menores e seguridade na rede”
Do 16 de marzo ao 25 de marzo celébrase a 3ª edición de "Menores e Seguridade na rede", iniciativa promovida polo Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Este curso é unha iniciativa que nace da colaboración entre o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), co obxectivo de dar a coñecer pautas, ferramentas e estratexias que permitan evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da rede, para orientar e acompañar aos menores na contorna dixital e salvagardar a súa intimidade e benestar persoais.
Ao longo da formación, que se celebrará dende o mércores 16 de marzo ata o venres 25, analizaranse distintas claves que é necesario coñecer, comprender e poñer en práctica para ensinar aos menores aprotexer a súa intimidade, a facer un uso responsable da internet e a garantir o seu benestar persoal nas contornas dixitais.
A iniciativa está destinada a docentes, titores, equipos directivos de centros educativos, proxenitores e familias; e estímase unha dedicación de aproximadamente 180 minutos para a súa realización.
Para poder asistir é preciso realizar previamente a inscrición nesta ligazón, e tan só se require dispoñer de conexión a internet e posibilidade de visualización de elementos multimedia, e habilidades básicas no uso de entornos dixitais.
Pódese obter máis información no espazo web oficial da iniciativa.