Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) publica a convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación | Gaiástech

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) publica a convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación

UMIS_GAIN
  • As Unidades Mixtas de Investigación son unha fórmula importante de achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de investigación e valorización conxuntas

O pasado 7 de marzo a Axencia Galega de Investigación publicaba no BOE a resolución das bases da convocatoria Unidades Mixtas de Investigación. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 8 de marzo ata o 7 de abril.

A Convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación conta cos seguintes obxectivos:

  • Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.
  • Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.
  • Poñer en valor os grupos de investigación.
  • Aproximar os organismos de investigación á empresa.
  • Atraer a Galicia liñas de I+D+i.
  • Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

A Convocatoria de axudas está dividida en tres fases:

  • Modalidade A – 1ª fase: Axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A)
  • Modalidade B – 2ª fase: Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B)
  • Modalidade C – 3ª fase: Axudas para centros mixtos de investigación (IN853C)

Quen pode ser beneficiario destas axudas?

As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas, que formen parte dunha unidade mixta de investigación.

No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:

  • Os Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
  • As Universidades do sistema universitario galego
  • Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas
  • As Fundacións de investigación sanitaria de Galicia
  • Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal

As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.

Unicamente, poderán ser beneficiarios das axudas da modalidade B as unidades mixtas de investigación beneficiarias dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha da convocatoria do ano 2018.

Así mesmo, unicamente poderán ser beneficiarios das axudas da modalidade C as unidades mixtas de investigación beneficiarias dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa consolidación das convocatorias dos anos 2017 e 2018.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Orzamento total convocatoria: 12.000.000,00 € para o período 2022 – 2025.
  • Intensidade da axuda: 40% do orzamento subvencionable, cun máximo de 3.000.000,00 €.
  • Orzamento mínimo subvencionable:
    • Modalidade A: 1.800.000 €
    • Modalidade B: 2.000.000 €
    • Modalidade C: 3.500.000 €
Fuente: GAIN