A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía publica o programa de axudas INNOCAMARAS 2022

- A presente convocatoria ten por obxecto promover a participación das empresas (micro, pequenas e medianas) e as persoas rexistradas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos no Programa InnoCámaras.
- O Programa INNOCAMARAS ten por obxecto impulsar a innovación, como ferramenta competitiva clave nas empresas.
- Tamén busca estimular o investimento empresarial en I D i, mediante o fomento de execución de proxectos para o desenvolvemento de novos produtos/servizos, para a mellora de procesos produtivos, plans estratéxicos de márketing, innovación en xestión empresarial, sustentabilidade, propiedade industrial, etc.).
- Fináncianse gastos directos dos servizos de asesoría e consultoría, así como outros gastos e investimentos asociados ao desenvolvemento do Plan de innovación
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España, xunto coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, puxeron en marcha o Programa InnoCámaras no marco do eixo 1 do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020.
O Programa ten como obxectivo principal contribuír á mellora da competitividade das Pemes das rexións participantes, mediante a integración da innovación nas súas estratexias empresariais. Para iso, o Programa pon ao dispor das Pemes, unha fase inicial de asesoramento na que se identifican posibles actuacións de mellora neste ámbito, e outra de axudas económicas para a implantación das solucións innovadoras detectadas.
Obxectivo: Impulsar a innovación, como ferramenta competitiva clave na estratexia das pemes, así como maximizar as oportunidades que ofrece para mellorar a produtividade e competitividade.
Destinatarios: Pemes e autónomos da nosa demarcación cameral.
Importe máximo subvencionable en fase II: 7.000 €
Anuncio BOP: 01 marzo 2022
Inicio prazo solicitude: 2 de marzo ás 9.00 horas
Fin prazo solicitude: 8 de marzo ás 14:00 horas.