Éxito de participación no ciclo de faladoiros “Con elas explorando o futuro”
- O centro Gaiástech remataba o pasado xoves 28 de febreiro o ciclo de faladoiros “Con elas explorando o futuro”
- Esta iniciativa púñase en marcha no marco do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
- Durante a iniciativa leváronse a cabo 3 faladoiros da man de tres profesionais femininas no sector tecnolóxico en Galicia, aos que asistiron más de 10 centros educativos de Galicia.
O Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia conmemorou durante o mes de febreiro o Día Internacional de Muller e da Nena na Ciencia, que se celebraba o pasado 11 de febreiro, co ciclo de faladoiros “Con elas explorando o futuro”.
O obxectivo destes encontros foi visibilizar o rol das profesionais femininas no sector tecnolóxico e ofrecer referentes para fomentar as vocacións TIC, especialmente entre as nenas.
O ciclo, que contou coa intervención de Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Rosa Vázquez, CFO & Co-founder da Startup Codee e remataba con Almudena Justo, directora do Centro International Quamtum de Fujitsu, acolleu a máis de 10 centros educativos asistentes de Galicia.
As gravacións dos faladoiros xa están dispoñibles na nosa canle de YouTube, na lista de reprodución Con elas explorando o futuro.