Nova convocatoria de axudas para a prestación de servizos do Programa Re-acciona, entre os que se atopa a definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para as empresas galegas
- O prazo para solicitar as axudas conta con tres convocatorias ao longo do 2022, a primeira delas con fin de prazo o vindeiro 28 de xaneiro.
- Cada convocatoria e tipoloxía de servizo conta cun número limitado de axudas, podendo solicitarse éstas para a prestación dun ou varios servizos.
- Ofértanse un total de 15 tipoloxías de servizos que pivotan sobre catro eixos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, dixitalización e innovación. O eixo da innovación acolle o servizo de definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para as empresas galegas.
- O Programa Re-acciona conta xa con mais de 10 millóns de euros de orzamento executado tras 42 convocatorias publicadas, mais de 2.000 servizos prestados e preto das 1.400 empresas beneficiarias.
O Re-acciona é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nado para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación
Dentro do eixo da innovación, atópase o servizo de definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade orientado non só á instalación e configuración de tecnoloxía, senón tamén á definición das medidas de protección do negocio, dun xeito flexible e adaptado ás necesidades de cada unha das entidades beneficiarias.
Este servizo persegue os obxectivos de coñecer o nivel de exposición da empresa ante riscos cibernéticos, concienciar aos empregados e á dirección da importancia da ciberseguridade, tomar as medidas urxentes de protección precisas e definir a estratexia de ciberseguridade personalizada a medio e longo prazo. Desenvólvese ao longo de tres fases. A primeira delas é a análise da situación, na que se realiza unha análise BIA, unha análise de vulnerabilidades e se determina a situación de risco. A seguinte fase é a de medidas urxentes, na que se identifican as recomendacións sobre as medidas imprescindibles antes de seguir definindo o plan de ciberseguridade, que será na última fase e recollere as medidas, investimentos, responsables e metodoloxía de seguimento da estratexia prantexada.
Pódense consultar testemuños de empresas beneficiarias dos servizos do Re-acciona na canle de youtube do IGAPE. Velaquí unha experiencia relatada na liña de actuación da definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade.
Dende o lanzamento do programa, a prestación dos servizos do Re-acciona, co-financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, conta xa con mais de 10 millóns de € de orzamento executado tras 42 convocatorias publicadas, mais de 2.000 servizos prestados e preto das 1.400 empresas beneficiarias.
Poden solicitar os servizos do programa Re-acciona as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3 no último ano e teñan radicado un centro de traballo en Galicia.
Para solicitar a axuda dun ou varios dos servizos ofertados, débese acceder á oficina virtual do IGAPE e cumprimentar a información requirida.
Mais información sobre a convocatoria e o programa nas webs do Programa Re-acciona e o DOGA da presente convocatoria.