As pemes poderán solicitar o bono de 12.000 euros do 'Kit Dixital' a partir do 15 de marzo | Gaiástech

As pemes poderán solicitar o bono de 12.000 euros do 'Kit Dixital' a partir do 15 de marzo

kit digital
  • As pemes españolas de 1 a 49 empregados poderán solicitar o Kit Dixital desde o 15 de marzo e estará aberto durante 6 meses ou ata que se acaben os fondos.
  • Trátase dun paquete de axudas económicas que pretende modernizar o tecido empresarial para mellorar a súa produtividade e avanzar na nova realidade dixital
  • O Gaiastech fará sesións informativas do Kit Dixital cos proveedores TIC que proporcionan solucións recollidas nesta axuda 

O Goberno fixo público o Boletín Oficial de Estado (BOE) para a primeira convocatoria de axudas, por importe de 500 millóns de euros, do programa Kit Dixital, que ten unha dotación total de 3.067 millóns dos Fondos  Next  Generation da Unión Europea.

Nesta primeira convocatoria, os bonos dixitais que se outorguen as PEMEs cun tamaño de 10 a 49 empregados terán un importe de 12.000 euros.

As pemes poderán adquirir solucións de dixitalización para áreas crave como sitio web e presenza na internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras e ciberseguridade.

Para facilitar ao máximo o acceso ás axudas, habilitouse a figura do “representante voluntario”, para que calquera terceiro debidamente autorizado, sexa persoa física ou xurídica, poda solicitar a axuda por conta da peme, aínda que sexa  lapropia empresa a que logo teña que realizar o resto de xestións.

O GaiasTech facilitará a difusión dos provedores tecnolóxicos autorizados a implantar as solucions incluídas no Kit Dixital; os denominados "Axentes Dixitalizadores". Os provedores poden solicitar ao GaiasTech o servizo de apoio para realización destas sesións públicas divulgativas (ben sexan presenciais, en liña ou hibridas) que inclúen a organizacion técnica do acto (emisión en streaming, grabación, xestión de inscicións, difusión do acto etc.) e a cesión de espazos e recursos tecnolóxicos necesarios para levalas a cabo.

Fuente: El País