Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Secretaría de Estado de Digitalización e IA, o Nodo GalicIA e o Concello da Coruña, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG pola creación da AESIA | Gaiástech

A Secretaría de Estado de Digitalización e IA, o Nodo GalicIA e o Concello da Coruña, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG pola creación da AESIA

edificioi aesia

A Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) é un organismo de control encargado de supervisar o cumprimento da regulación europea en materia de Intelixencia Artificial, adscrito á SEDIA, supervisando algoritmos tanto do sector privado como público.

Os seus obxectivos son “promover o desenvolvemento e uso responsábel, sustentábel e confiábel da IA; a concienciación, divulgación e promoción da formación; a definición de mecanismos de asesoramento e atención; a colaboración e coordinación con outras autoridades, nacionais e supranacionais, de supervisión da IA; o fomento de contornos reais de proba dos sistemas de IA para reforzar a protección dos usuarios e minimizar os riscos que pode traer a IA en eidos como a seguridade, a intimidade e a saúde das persoas, así como sobre os demais dereitos fundamentais”.

A sede física da AESIA estará na Coruña, en concreto, no Edificio La Terraza, un edificio histórico inaugurado en 1922, de estilo ecléctico-modernista, situado nos xardíns de Méndez Núñez. Nesta elección interviñeron o Nodo GalicIA da AMTEGA e o propio Concello da Coruña, co apoio de grandes empresas tecnolóxicas internacionais e españolas.

Prevese que entre en funcionamento en outono de 2023. “España convértese así no primeiro país da Unión Europea cunha axencia estatal de supervisión da IA, antepoñéndose á entrada en vigor do futuro regulamento aplicable aos sistemas de IA, que establecerá a necesidade de que os Estados membros conten cunha autoridade supervisora nesta materia”, explica o CPEIG a propósito deste premio e dos motivos para distinguir este proxecto.

Os galardóns entregaranse na XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

O director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España, Miguel A. Amutio Gómez; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia e representante do Nodo GalicIA, Julián Cerviño; e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior do Concello da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, recollerán a distinción no acto de entrega de premios.

Fuente: Código Cero