Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Unha rede neuronal identifica un antibiótico eficaz contra as superbacterias | Gaiástech

Unha rede neuronal identifica un antibiótico eficaz contra as superbacterias

laboratorio

A halicina convértese no primeiro composto identificado por Intelixencia Artificial que pode actuar como antibiótico contra superbacterias.

Isto pon de manifesto o potencial dos enfoques de aprendizaxe profundo aplicados ao mundo dos antibióticos, nun momento crucial ante a aparición de tantas "superbacterias" resistentes aos antibióticos tradicionais.

O persoal investigador adestrou unha rede neuronal mediante machine learning con compostos coñecidos por suprimir o crecemento de E. coli. Despois, analizaron con esta rede miles de moléculas rexistradas en bibliotecas químicas. Das escollidas, case a metade eran efectivas in vitro.

O uso de Intelixencia Artificial, neste caso, permite aforrar moito tempo e recursos aos investigadores identificando bos candidatos para converterse nun novo antibiótico.

Fuente: Xataka