XI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos, IURISTICGAL 2022
- A Cidade da Cultura de Galicia acollerá, o vindeiro xoves 20 de outubro, a undécima edición de Informática Xudicial e delitos informáticos
- Esta actividade enmárcase no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, baixo o paraugas do Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia
- A xornada informará e concienciará aos xuristas e outros profesionais forenses sobre as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial
- Temas como a investigación de ciberdelitos e a importancia da ciberseguridade, serán puntos destacados e centrais neste encontro
No marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia, celébrase a XI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos.
Esta actividade está enmarcada no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, e estará enfocada en torno ao novo modelo de interacción dixital no que xorden grandes oportunidades e retos para a Administración de Xustiza.
Esta xornada acollerá o diálogo sobre a modernización do sistema xudicial, onde se informará e concienciará aos xuristas e outros profesionais forenses sobre as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial. Ademais, desenvolverase como eixo temático destacado, a investigación dos ciberdelitos, profundando nas posibilidades que ofrece este novo mundo para o sistema xudicial.
Abordaranse tamén outras temáticas como a dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia ou o estado actual e futuro do sistema xudicial e a defensa dos dereitos fundamentais no mundo dixital.
O programa é o seguinte:
- 8:45h- Acreditación
- 9:00h- Apertura:
- MARCOS MATA, Presidente do CPETIG
- JULIÁN CERVIÑO, Director da AMTEGA
- JOSÉ TRONCHONI, Director Xeral de Xustiza
- 9:20h- Estado actual e futuro da modernización da xustiza
- JOAQUÍN DELGADO MARTÍN
- 9:50h- Plan Senda 2025 - Dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia
- MARÍA JOSÉ GARCÍA SEXTO - AMTEGA
- 10:20h- Defensa dos dereitos fundamentais nun mundo plenamente dixital
- OFELIA TEJERINA
- 10:50h- Descanso
- 11:20h- Proba electrónica e Intelixencia artificial ante unha Xustiza plenamente Dixital
- ELOY VELASCO
- 11:50h- A investigación dos ciberdelitos nunha realidade que evoluciona cara ao metaverso
- SANTIAGO REBOYRAS MARTÍNEZ
- 12:20h- O Dereito e a Tecnoloxía, enténdense como deberían?
- VÍCTOR SALGADO
Para poder asistir a celebración do evento será necesario inscribirse a través da páxina web do evento.