A nova solución de PIM AC360 de Aaccentia ofrece a posibilidade de manter a información comercial centralizada nunha única plataforma, desde a cal, é posible crear fichas de produtos e catálogos personalizados tanto a nivel deseño como idioma. O PIM AC360 é un produto adaptado a medida, polo que é posible engadir novas funcionalidades a maiores das que xa ten segundo as necesidades do cliente.
Un software PIM (Produto Management Information) é unha Base de datos na nube centralizada que serve para aloxar e xestionar toda a información promocional dunha empresa xunto a todos os seus recursos dixitais (imaxes dos produtos, vídeos, renders de personalización, categorización dos catálogos de produtos, etc.). A diferenza dun ERP, que está máis vinculado á xestión empresarial, un PIM céntrase na información promocional orientada a vendas mediante datos de produtos e mantén a información centralizada e actualizada de forma automática.
Particularmente, o PIM AC360 xera catálogos, fichas de produtos e envío de emails personalizados de forma automática, permitindo actualizar o stock de produtos e servizos dispoñibles de cara ao público.
Sectores ao que vai dirixido
Está este produto implementado de forma escalable, en capas ou como microservizos, cunha API pública documentada, de forma que poda ser integrado con outros no proceso de transformación dixital das PEMEs?
non, é un produto autocontido