Consiste na utilización de técnicas de intelixencia artificial (redes neuronais e programación xenética, principalmente) para extraer novo coñecemento a partir das bases de datos de ensaios coas que se conta no ámbito da construción, sendo posible predicir o comportamento de materiais e estruturas. Algunhas das aplicación efectuadas analizan a adherencia entre formigón e aceiro, o cortante en vigas de formigón, a resistencia do formigón en función da súa composición, ou a durabilidade de presas.
Categoría
Software especializado \ Software de carácter científico-técnico (simulación, análise estatístico, …)
Software especializado \ Intelixencia artificial y Sistemas Expertos