Desenvolvemento de paquetes de software para o deseño asistido por ordenador, o cálculo e a optimización de torres de alta tensión, así como para o cálculo de redes de terra de subestacións eléctricas, incluíndo a resistencia equivalente do sistema de posta a terra, a distribución de potenciais durante unha descarga e o potencial transferido a grandes distancias a través de cables enterrados. Outros campos de análise son a extracción de hidrocarburos e a explotación de enerxía xeotérmica.
Categoría
Software especializado \ Software de carácter científico-técnico (simulación, análise estatístico, …)