Desenvolvemento de software propio e adaptable para a resolución numérica de problemas de mecánica de fluídos (CFD) mediante os Métodos de Volumes Finitos e de Elementos Finitos. Entre as aplicación encóntrase a simulación de fluxos en réxime turbulento, a detección de ondas de choque en fluxo compresible, a análise de cavitación en perfís aerodinámicos e hidrodinámicos, o deseño de turbomáquinas, etc. Tamén se desenvolven métodos sen malla para problemas complexos de superficie libre.
Categoría
Software especializado \ Software de carácter científico-técnico (simulación, análise estatístico, …)