Emerxia é o sistema de notificacións e xestor de incidencias desenvolvido por evelb. Dirixido para os cidadáns e as institucións públicas, este servizo permite a calquera cidadán de calquera poboación suxerir ou reportar calquera incidencia coa que se atope no seu día a día. Dende o módulo de notificación, os usuarios poderán reportar incidencias dunha forma rápida e sinxela, con só accender a web da plataforma dende calquera dispositivo, sen instalación ou descargas previas e sen complicación.
Innovacións destacables
Xeolocalización de incidencias a partir da fotografía, ubicación do usuario, etc
Definición de áreas xeográficas de actuación, para clasificación e asignación automática das incidencias a cada un dos responsables asociados cun área xeográfica.
Sectores ao que vai dirixido
Administración Pública
Agricultura
Gandería
Forestal
Industria
Servizos sociais
Categoría
Desenvolvemento de software e contidos \ Aplicación de xestión
Tipo de arquitectura
Nube
Ecosistema tecnolóxico
Outro
Modelo de negocio
B2B (Business-To-Business)
Está este produto implementado de forma escalable, en capas ou como microservizos, cunha API pública documentada, de forma que poda ser integrado con outros no proceso de transformación dixital das PEMEs?
sí, pode integrarse con outros e dispón de API documentada