A elevada especialización e rápida evolución dos modernos sistemas de elaboración, xestión e comunicación multimedia actuais fai imprescindible manter recursos dedicados integramente ao seu manexo e administración. Por tanto desde Itelsis propoñemos que sexa o noso persoal (especializado desde hai moitos anos en deseño, instalación e mantemento de todo tipo de sistemas audiovisuais) o que se encargue dos labores relacionados con este tipo de solucións e servizos tecnolóxicos.
Categoría
Multimedia e 3D \ Streaming (vídeo e audio por internet, …)