Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Centro GaiásTech finaliza o #MesDDeseño con máis de 200 asistentes | Gaiástech

O Centro GaiásTech finaliza o #MesDDeseño con máis de 200 asistentes

diseño
  • A sétima edición do programa #MesD centrou a súa temática no deseño
  • Tratouse dun ciclo de cinco sesións de formación sobre fotografía en redes sociais e creación de contidos dixitais
  • Os talleres estiveron dirixidos a persoas emprendedoras e creadoras de contidos

Durante o mes de febreiro, o centro GaiásTech celebrou un ciclo de cinco accións formativas sobre fotografía profesional para redes sociais, creación de infografías ou deseño de páxinas web, enmarcado no programa #MesD.

O #MesD é unha iniciativa do Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que cumpre neste ano a súa sétima edición.

Nesta edición, enfocada ao deseño, abordáronse temas como a fotografía profesional para Instagram, o deseño de vídeos profesionais para Instagram e TikTok, a creación de presentacións e infografías en liña con Xenial.ly, o deseño dunha páxina web desde cero con Wordpress.com e a creatividade para redes sociais con Canva.com.

Os talleres, impartidos por Alberto Mandado, consultor especializado en deseño e comunicación con máis de dez anos de experiencia no campo, contaron con máis de 200 asistentes. 

Todas as sesións serán publicadas na canle de YouTube do Centro GaiásTech nas vindeiras semanas e os vídeos serán públicos para todas as persoas interesadas en aprender e ampliar os coñecementos sobre o deseño.