Servizos | Gaiástech

Servizos

Servizos
O GaiásTech ofrece gran variedade de actividades e servizos.

As actividades e os servizos principais son os seguintes:

  • Presentacións e demostracións.- Ofrecémoslles de balde ás empresas tecnolóxicas de Galicia a posibilidade de que mostren as súas solucións tecnolóxicas con sesións de demostración ou presentacións presenciais, en streaming ou mixtas. Formulario para solicitar unha presentación ou demostración.
  • Xornadas.- Celebración de xornadas sobre unha temática nalgún dos auditorios da Cidade da Cultura. Formulario para solicitar unha xornada.
  • Streamings.- O GaiásTech ofrece a posibilidade de transmitir e gravar actividades e eventos por internet, presenciais e en remoto.
  • Organización de actos.- Servizos de apoio á organización de actos: deseño de carteis, mailings e difusión, xestión de inscricións e confirmacións, xestión da asistencia, gravacións e emisións en streaming etc. Solicitude para organizar un acto.
  • GaiásTech Cloud.- Aplicacións informáticas na nube para facilitar a súa proba e aprendizaxe, o que axuda á toma de decisións sobre a incorporación das aplicacións na empresa.
  • Obradoiros de lecer.- Actividades de divulgación tecnolóxica dirixidas á infancia e á mocidade.
  • En diferido.- Repositorio das actividades gravadas ou realizadas en streaming.
  • Boletín.-Publicación electrónica quincenal que informa das últimas novas tecnolóxicas e dos actos de temática tecnolóxica. Formulario de subscrición/baixa
  • Axenda.- Publicación de eventos tecnolóxicos do ámbito galego, español e internacional.
  • Mapa de Capacidades.- Directorio de entidades con competencias tecnolóxicas, especialmente nas tecnoloxías disruptivas.
  • Reserva de espazos e equipamento.- Dispoñemos de espazos e equipamento para realizar as nosas actividades e as organizadas en colaboración con outros axentes. As empresas tamén poden solicitar o uso dos espazos e equipamento do Centro para fins propios.
  • Xemelgo virtual.- Contorno 3D que permite percorrer a totalidade das instalacións do centro, nas que se poderán atopar os diferentes espazos e os equipamentos se poñen a disposición da cidadanía e interactuar con eles.

Se precisas algún deles contáctanos

Algúns dos recursos do GaiásTech están en fase de desenvolvemento, cando estean operativos, comunicarémolo a través das redes sociais.