Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GaiásTech | Gaiástech

GaiásTech

GaiásTech
O GaiásTech é unha iniciativa da Xunta de Galicia financiada por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para lograr a transformación dixital do tecido produtivo e xerar produtos, solucións e servizos cunha pegada tecnolóxica, que proporcionen maior valor, innovación e competitividade nun ámbito global.

O GaiásTech constitúe un espazo de innovación aberto para quen teña a capacidade de transformar a nosa comunidade. Dende o centro coordinarase e cohesionarase unha rede de nodos de especialización tecnolóxica.

O centro artéllase arredor do talento que xera propostas innovadoras coas que se poidan dar resposta aos novos desafíos que a nosa economía e sociedade demandan.

O GaiásTech busca crear un contorno axeitado para a confluencia de talento, emprendemento, innovación e xestión empresarial cos que construír novas propostas de valor.

A continuación podes ver o vídeo de presentación do GaiásTech

Coñece máis do GaiásTech

Visita virtual      Servizos do GaiásTech

 

 

Tecnoloxías disruptivas

As tecnoloxías disruptivas son aquelas novas tecnoloxías ou innovacións cuxa aplicación rompe (ou pode romper) co que había antes, provocando un cambio brusco co que se viña facendo ata ese momento.

Actualmente o termo disruptivo aplícase moito ás tecnoloxías e á I+D+i pero procede da economía (cambios bruscos que conducen á aparición de produtos e servizos moi novos).

As tecnoloxías disruptivas son uns dos focos de interese do  GaiásTech, da súa difusión e da concienciación social sobre a súa importancia, pois poden producir notables vantaxes competitivas.

Así, no  GaiásTech  terá un lugar preferente a divulgación das tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT),  a robótica, o blockchain, a realidade virtual e aumentada, o big data, o 5G, os xemelgos dixitais, a semántica web, a impresión 3D, a nanotecnoloxía, os drons etc.