Actuacións e destinatarios

As actuacións do GaiásTech diferéncianse segundo o seu público destinatario e contribuirán ao seu posicionamento como unha iniciativa singular.
As actividades encádranse nas seguintes tipoloxías.
- Experiencias GaiásTech.- Actividades de experimentación no contorno de inmersión: visualización de contidos dixitais e desenvolvemento de contidos de realidade aumentada e realidade virtual.
- Nodos GaiásTech.- Actuacións e servizos derivados da rede de nodos de especialización tecnolóxica de Galicia: retos, laboratorio dixital (maker dixital), xeración de ideas e propostas de innovación social dixital.
- Difusións e demostracións.- Demostracións tecnolóxicas, formación, divulgación e sensibilización, aceleración, sesións temáticas (MesD), xornadas, sesións sectoriais e sesións locais.
- Servizos de información e experimentación: Aplicacións na nube listas para usar e probar (GaiásTech Cloud), vixilancia tecnolóxica, axenda tecnolóxica e boletín GaiásTech.
- Banco de talentos.- Sesións e obradoiros para fomentar as vocacións tecnolóxicas de nenos/as e xuventude e xornadas temáticas arredor dunha tecnoloxía.
- Mapa de capacidades.- Directorio de capacidades e axentes tecnolóxicos.
- Difusión de actividades e servizos, servizos de busca e consulta, xeración de mapas e explotación da información do mapa.
Destinatarios
Deseñamos actividades diferenciadas para os nosos colectivos preferentes, que son:
- Empresas, especialmente pemes.
- Axentes integrantes do ecosistema dixital: empresas tecnolóxicas, universidades e grupos de investigación, centros tecnolóxicos ou singulares, entes asociativos, nodos, hubs etc.
- Cidadanía:
- Profesionais do tecido produtivo.
- Cidadanía sénior.
- Mocidade.
- Público infantil.
- Organismos e tecido asociativo.