Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Espazos e equipamento | Gaiástech

Espazos e equipamento

Grada GaiásTech
Dispoñemos de equipamento propio para realizar as nosas actividades e as organizadas en colaboración con outros axentes. Ás veces, tamén utilizamos espazos e recursos doutras Administracións públicas (Cidade da Cultura, Aulas CeMIT etc.)

Estes son os nosos recursos, se precisas algún deles contáctanos.

Salas / Zonas

O GaiásTech atópase no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Conta cunha superficie superior aos 500 m2 con zonas diferenciadas:

  • Baixo
    • EXPERIMENTUM Sala de Demostración.- Sala de 52 m2 con capacidade para 15 persoas* que conta con pantalla e equipamento de son para celebrar actos.
    • Sala Inmersiva.- Sala de 40 m2 con proxección nas 4 paredes que permitirá mergullarse en contidos 360º.
    • INVENTIUM Salas de ideas x4.- Salas con capacidade para 5 persoas para manter reunións e usos variados.
    • INGRESSUM Bancada e Muro de vídeo.- Espazo con capacidade para 45 persoas* en fronte do Muro de Vídeo.

 

  • 1º andar
    • IMAGINARIUM Espazo creativo.- Espazo con postos de traballo equipados con luces individuais, tomas eléctricas e conexión a Internet por cable.
    • OFFICIUM Estacións de traballo.- Espazo de traballo e para manter reunións 1v1 con tomas eléctricas e conexión a Internet por cable
    • COLLOQUIUM Área Colaborativa.- Espazo para lecer, relaxarse e facer contactos.

*A capacidade pode verse reducida por mor das restricións sanitarias.

SOLICITAR ESPAZO            VISITA VIRTUAL

 

Equipamento

O Centro conta con equipamento especializado para a demostración e experimentación dixital:

  • Muro de vídeo – Wall. Pantalla de grandes dimensións situada en fronte da bancada.
  • Pantalla da sala de demostración
  • Espazo inmersivo. Sala con proxección nas 4 paredes que permitirá mergullarse en contidos 360º.
  • Monitor interactivo táctil
  • Proxector portátil de distancia ultracurta.
  • Lentes de realidade virtual

 

SOLICITAR EQUIPAMENTO           VISITA VIRTUAL