#MesD RRSS. Twitter como ferramenta de comunicación profesional
O obxectivo da sesión é coñecer as opcións e as características de Twitter quizais non tan coñecidas que poden resultar de interese para un uso profesional da plataforma e conectar coa clientela actual e potencial.
Programa:
- Twitter e os seus usuarios
- Opcións interesantes de Twitter para unha empresa
- Uso de cancelos (hashtags)
- Recomendacións e estratexias de contido para Twitter
- Analíticas de Twitter
- A publicidade en Twitter
- Ferramentas de interese para a conta de Twitter
Impartido por
Christian Delgado von Eitzen
Enxeñeiro superior de Telecomunicación. Desde o ano 1999 traballa desenvolvendo e dirixindo proxectos e como responsable de diferentes sistemas web, comercio electrónico e plataformas en internet.
Cando?
15 Xul 2021Onde?
Quen participa?
- Christian Delgado von Eitzen
Para quen?
Profesionais interesados en ter presenza activa da súa organización en Twitter desde un punto de vista profesional. Presuponse que as persoas asistentes teñen unha conta de Twitter e coñecen as opcións básicas desta plataforma de comunicación.