Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Prazas completas! Programa de Capacitación | Conéctate de xeito seguro: ciberseguridade para PEMEs Galegas | Gaiástech

Prazas completas! Programa de Capacitación | Conéctate de xeito seguro: ciberseguridade para PEMEs Galegas

Online
Imparte: dooingIT

Este programa de capacitación de 10 horas está organizado pola Cátedra Económica de Ciberseguridade da USC en colaboración coa Amtega. 

Os obxectivos do curso son:

  • Introdución á ciberseguridade e ameazas actuais. Descubre como funcionan as ameazas cibernéticas e que podes facer hoxe para protexerte de ataques cada vez máis organizados e sofisticados. 

  • Enxeñaría social: como nos enganan. Aprende a identificar e evitar trampas como o phishing ou o vishing, que se aproveitan da confianza humana para roubar información.

  • Malware: máis alá dun antivirus. Coñece como actúa o malware, os seus métodos de infección e as claves para protexerte máis aló do típico antivirus.

  • Ciberseguridade para PEMEs: Riscos Reais, Solucións ao Teu Alcance. Se tes unha pequena ou mediana empresa, esta sesión axudarache a protexela con ferramentas eficaces e accesibles.

  • Erros comúns de configuración: a porta aberta ao cibercrime. Evita as vulnerabilidades máis frecuentes revisando configuracións clave e adoptando boas prácticas que marcan a diferenza.

Tras finalizar o curso celebrarase unha sesión de titoría presencial (pendente de definir ubicación), tamén orientada a fomentar o networking entre os participantes

As prazas son limitadas: máximo de 15 persoas. A selección farase por orde de inscrición.

Programa:

01 de outubro | CIBER RISCO. A QUE NOS ENFRONTAMOS

1. Introdución ao concepto de ciber risco e formas en que poden afectar ás persoas.
2. Que buscan os ciber delincuentes de nós. A supply chain do ciber crime.
3. Os incidentes de seguridade. Tipos de incidente e boas prácticas para axudarnos a protexernos.

8 DE OUTUBRO | ATAQUES DE ENXEÑARÍA SOCIAL

1. Que son os ataques de enxeñaría social.
2. Tipos de ataques: phishing, vishing, smishing e outros “-ing”.
3. Técnicas de manipulación que utilizan os ciberdelincuentes.
4. Identificación de sinais dun ataque de enxeñaría social e medidas de prevención.

15 DE OUTUBRO | FALANDO DE MALWARE

1. Conceptos básicos sobre o malware e os tipos de malware.
2. Métodos de infección e sinais ás que debemos prestar atención.
3. Boas prácticas para previr infeccións ou para responder ante unha.
4. Caso práctico e sesión de preguntas das persoas participantes

22 DE OUTUBRO | SOLUCIÓNS E FERRAMENTAS DE CIBERSEGURIDADE PARA PEMES

1. A importancia da ciberseguridade en pemes
2. Ferramentas esenciais de ciberseguridade sen grandes investimentos
3. Boas prácticas e estratexias orientadas ás pemes
4. A concienciación como ferramenta para converternos en firewall humano
5. Caso práctico de uso de AKIRA como ferramenta de análise de vulnerabilidades 

29 DE OUTUBRO | TOP 10 CONFIGURACIÓNS INCORRECTAS E COMPORTAMENTOS ERRÓNEOS EN CIBERSEGURIDADE

1. Erros habituais na configuración de sistemas e aplicacións
2. A importancia das persoas como barreira de protección
3. Exemplos prácticos e rolda de preguntas. 
4. Inclúe informe de vulnerabilidades gratis con AKIRA para as 5 primeiras empresas inscritas.

Imparte:

dooingIT

é unha empresa de servizos de ciberseguridade fundada en 2019 co obxectivo de democratizar a ciberseguridade e facela accesible     a todo tipo de públicos, sectores e tamaños de empresa. Ademais de ofrecer servizos técnicos e normativos de ciberseguridade, dooingIT desenvolve produtos accesibles para todos, como: AKIRA, análise automática de vulnerabilidades; LeakGuard, servizo de ciberintelixencia ou Academy, programa de concienciación en ciberseguridade para todos os públicos.

Impartido por

Máis Información

  • Prazas limitadas: 15 prazas (a selección farase por orde de inscrición)
  • A capacitación é de un total de 10h, 2 horas por cada sesión 
  • Celebrarase unha sesión de titoría presencial ao finalizar a capacitación
  • Para emitir un certificado de participación será obrigatorio asistir como mínimo ao 80% das sesións.

financiación

 

Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE financiada por Unión Europea NextGeneration, PRTR a través de INCIBE

ciberseguridad

Cando?

01 Out 2025
08 de Out 2025, 15 de Out 2025, 22 de Out 2025 e 29 de Out 2025. En horario de 16:30 a 18:30h

Onde?

Online

Quen participa?

  • dooingIT
  • Paz Cariñena
  • Bernardo Viqueira Hierro

Para quen?

Para o público xeral, persoas traballadoras, empresarias ou autónomas que traballen no seu día a día con sistemas de información. Sesión de carácter divulgativo orientada á concienciación e boas prácticas na seguridade na información.