Programa de capacitación en metodoloxías áxiles para a xestión eficiente do traballo
Os obxectivos deste programa de capacitación de 10 horas son:
- Comprender os principios da axilidade e a súa aplicación en distintos contextos de traballo.
- Coñecer e aplicar os marcos de traballo Scrum, Kanban e Lean para mellorar a xestión e entrega de valor.
- Identificar ineficiencias, bloqueos e oportunidades de mellora en procesos e equipos.
- Incorporar prácticas áxiles que permitan aumentar a produtividade, a colaboración e a adaptación ao cambio.
Programa:
Martes 5 de maio | Primeira sesión: Agilidad
- Entender que é a axilidade e en que contextos achega máis valor.
- Coñecer o Manifesto Áxil e o seu impacto na forma de traballar.
- Diferenciar entre xestión preditiva e áxil para elixir o enfoque máis adecuado segundo o contexto.
- Comprender a bimodalidad e os riscos habituais ao mesturar marcos de traballo.
Contido:
- Axilidade.
- O Manifesto Áxil.
- Exercicio: valores e principios do Manifesto Áxil.
- Diferenzas entre xestión preditiva e áxil.
- Bimodalidad.
Mércores 13 de maio | Segunda sesión: Scrum
- Entender os fundamentos de Scrum e como aplicalo desde o primeiro día.
- Identificar os roles de Scrum e mellorar a colaboración entre eles.
- Coñecer os artefactos e eventos, e como se conectan para ordenar o traballo e acelerar a entrega de valor.
- Integrar os valores de Scrum no día a día.
Contido:
- Introdución a Scrum.
- Roles de Scrum.
- Exercicio: as 8 actitudes do Scrum Master.
- Artefactos de Scrum.
- Eventos de Scrum.
- Exercicio: roles, artefactos e eventos.
- Valores de Scrum.
Mércores 20 de maio | Terceira sesión: Kanban
- Entender que é un sistema de fluxo e como impacta na produtividade.
- Aplicar a Lei de Little para tomar mellores decisións de planificación.
- Coñecer e poñer en práctica Kanban para ordenar o traballo e reducir bloqueos.
- Aliñar roles e forma de traballar con Kanban, reforzándoo cunha simulación práctica para levar o aprendido ao día a día.
Contido:
- Descrición dos sistemas de fluxo.
- A Lei de Little.
- Prácticas de Kanban.
- Roles de Kanban.
- Exercicio: simulación de Kanban.
Xoves 28 de maio | Cuarta sesión: Lean
- Entender que é Lean, de onde vén e por que segue sendo unha referencia para mellorar resultados.
- Conectar Lean con outros marcos de traballo para elixir o enfoque máis adecuado.
- Identificar Muda, Mura e Muri na túa día a día e detectar as principais fontes de desperdicio, variabilidade e sobrecarga.
- Aplicar principios e ferramentas Lean para mellorar procesos, reducir friccións e aumentar o valor entregado de forma continua.
Contido:
- Que é Lean?
- Orixes de Lean.
- Relacións entre marcos de traballo.
- Principios de Lean.
- Muda, Mura e Muri.
- Exercicio: identificar os desperdicios (Muda) máis habituais.
- Ferramentas Lean.
Imparte:
Aitor Castro
Consultor, trainer e coach especializado en xestión áxil, con máis de 25 anos de experiencia en proxectos, produtos e servizos. Acompaña a profesionais e organizacións na mellora da súa forma de traballar, axudándolles a reducir a burocracia, aumentar a eficiencia e centrarse en achegar valor real. O seu enfoque é práctico e orientado a resultados, combinando metodoloxías áxiles, intelixencia artificial e mellores prácticas de xestión para impulsar equipos máis produtivos, motivados e aliñados cos seus obxectivos
Máis Información
- A inscripción ao curso é de balde por orde de inscrición.
- Número de prazas limitadas: 25 prazas
- A capacitación é de un total de 10h, 2,5 horas por cada sesión.
- Para emitir un certificado de participación á capacitación será obrigatorio asistir como mínimo ao 75% das horas totais.
- A asistencia será controlada ao inicio e ao remate da sesión e requirirase unha participación activa en cada sesión.
Cando?
05 Mai 2026Onde?
Quen participa?
- Aitor Castro
Para quen?
Profesionais, responsables de equipo, perfís técnicos ou equipos en proceso de transformación ou mellora continua.