Novas sesións programadas na axenda da iniciativa Transformatech Sessions | Gaiástech

Novas sesións programadas na axenda da iniciativa Transformatech Sessions

transformatech
  • A actividade enmárcase no catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e conta coa colaboración das entidades do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios Profesionais do ámbito tecnolóxico galego
  • As sesións serán impartidas polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidas a diversos públicos en función do tema de cada relatorio

A iniciativa Transformatech Sessions, organizada polo Centro GaiásTech, comprende unha serie de breves encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidos a diversos públicos en función do tema de cada relatorio.

programa está dividido en dúas modalidades en base ao público obxectivo:

  • Talento Xove, con sesións adaptados a rapaces a rapazas de 12 a 16 anos e a centros educativos de bacharelato e Formación Profesional, achegando as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e novas
  • Profesionais, orientada a profesionais, titulados e estudantes universitarios do ámbito STEAM ou a grupos mixtos de perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos interesados en ampliar os seus coñecementos nas materias impartidas.

As inscricións poden realizarse a través da seguinte ligazón https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/webinars-transformatech-sessions, onde se poden distinguir as modalidades para cada público e as sesións as que se desexa inscribir.

transformatech_cartel