Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Webinars TransformaTech Sessions | Gaiástech

Webinars TransformaTech Sessions

Streaming

O programa de Webinars TransformaTech Sessions comprende unha serie de breves encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidos a diversos públicos en función do tema de cada relatorio.

A modalidade Profesional do programa está orientada a profesionais, titulados e estudantes universitarios do ámbito STEAM ou a grupos mixtos de perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos interesados en ampliar os seus coñecementos nas materias impartidas.

Baixo a modalidade Talento Xove, as sesións desenvólvense con contidos adaptados a Centros educativos de Primaria e Secundaria (rapaces e rapazas de ata 16 anos) e a Centros educativos de Bacharelato e Formación Profesional, achegando as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e novas. 

Con este ciclo de webinars afóndase  en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City ou a robótica avanzada

Esta actividade enmárcase no catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e conta coa colaboración das entidades do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios Profesionais do ámbito tecnolóxico galego. 

Programa:

Os Webinars TransformaTech Sessions, co seu esforzo por continuar fomentado os novos perfís dixitais, desenrolaranse en liña, previa inscrición individual para cada sesión. Os participantes contarán cun servizo de titorías online.

Modalidade Talento Xove

Nesta modalidade poderán inscribirse as escolas para asistir aos webinars en grupo. No formulario de inscrición debe indicarse se a participación se fará como grupo ou como alumno individual

Centros educativos de primaria e secundaria (rapaces e rapazas de ata 16 anos)

inscricións

Día Temática Imparte Hora Ligazón do streaming
04 de marzo O big data está en todas as partes: onde e para qué se usa R 10:00 - 10:45 https://youtu.be/cA50BWtrhZM
09 de marzo 5G, o impulso da transformación dixital R 10:00 - 10:45 https://youtu.be/DaDfDXML9FQ
10 de marzo Ameazas na rede NTT Data 12:00 - 12:45 https://youtu.be/GHegL4nSjXU
11 de marzo CLOUD: servizos na nube Telefónica 11:00 - 11:45 https://youtu.be/nZIV1CE01Z0
18 de marzo Estes non son os datos que estás buscando Telefónica 11:00 - 11:45 https://youtu.be/byggEIVB3LE
25 de marzo Big Data & Analytics: as decisións que transforman o mundo DXC Technology 12:30 - 13:15 https://youtu.be/iHJodtyXRLo

Centros educativos de bacharelato ou Formación Profesional     

inscricións

Día Temática Imparte Hora Ligazón do streaming
23 de marzo Cara onde imos. IA aplicada INETUM 10:00 - 10:45 https://youtu.be/eAjiqoYwMyM
24 de marzo Deep Learning?: ¿Cómo aprenden os algoritmos ALTIA 10:00 - 11:00 https://youtu.be/DN1kd1deS_I
24 de marzo Introducción á tecnoloxía BlockChain e ao seu uso en loxística ALTIA 11:00 - 12:00 https://youtu.be/DN1kd1deS_I
29 de marzo Novos desafíos de Ciberseguridade. INETUM 10:00 - 10:45 https://youtu.be/b-I-OkSoKBA
30 de marzo Infraestructura Hosting Dinahosting 10:00 - 10:45 https://youtu.be/Aj12vVyoSbA
30 de marzo Ciberseguridade Dinahosting 10:45 - 11:30 https://youtu.be/Aj12vVyoSbA
31 de marzo Sistemas de protección web personalizados Dinahosting 10:00 - 10:45 https://youtu.be/_HRtGRGWpd4
01 de abril O mellor amigo do teu fillo será unha Intelixencia Artificial DXC Technology 12:30 - 13:15 https://youtu.be/8NBPy5rW_JE
18 de maio Ciberseguridade I Forensic&Security 16:00 - 17:00 pendente de publicación
23 de maio Ciberseguridade II Forensic&Security 17:30 - 18:30  pendente de publicación
16 de setembro AlphaGo: a IA autodidacta que cambiou o xogo DXC Technology 12:00 - 13:00 https://youtu.be/rYYCqNMUWmM
30 de setembro

¿Quén é quén? Edición Big Data

DXC Technology 11:00 - 12:00 https://youtu.be/pEjbnNLGuf8

Modalidade Profesional

Grupos mixtos de todo tipo de profesionais (STEAM e non STEAM)

inscricións

Día Temática Imparte Hora Ligazón do streaming
08 de abril Big Data e Intelixencia Artificial na transformación das empresas Telefónica 11:00 - 11:45 https://youtu.be/I3He765wYLw
29 de abril Hacking 4 All NTT Data 12:00 - 12:45 https://youtu.be/WXbwpD7YChY

Profesionais STEAM (estudantes, titulados/as e expertos/as)

inscricións

Día Temática Imparte Hora Ligazón do streaming
05 de maio THE Beauty of Data Science ALTIA 10:00-11:00 https://youtu.be/NNr-bdgozd8
05 de maio Intelixencia Artificial ALTIA 11:00-12:00 https://youtu.be/NNr-bdgozd8
05 de maio Introducción á tecnoloXía BlockChain e ao seu uso en loxística ALTIA 12:00-13:00 https://youtu.be/NNr-bdgozd8
06 de maio Transformación dixital: Road to the Cloud NTT Data 12:00-13:00 https://youtu.be/yYBP7KUJUhw
12 de maio Novos desafíos de Ciberseguridade. INETUM 10:00-11:00 https://youtu.be/3qd_HMDlUw8
13 de maio Big Data e IA. Perspectivas INETUM 10:00-11:00 https://youtu.be/XIpw1-tahvw
10 de xuño Ataques en aplicacións web NTT Data 12:00-13:00 https://youtu.be/Z7TVyfZYMy8

Interveñen

Colabora:

log-transftech-sessions

transformatech

Cando?

04 Mar 2022 - 01 Feb 2022
ata Outubro

Onde?

Streaming

Para quen?

Rapaces e rapazas de ata 16 anos e centros educativos, estudantes e titulados STEAM, profesionais STEAM e grupos mixtos de todo tipo de profesionais, tecnolóxicos e non tecnolóxicos.