Retegal dispón de ampla experiencia na difusión de sinais de radio e televisión (TDT e FM) e de máis de 150 centros de radiodifusión distribuídos por todo o territorio da comunidade autónoma de Galicia, dende os que ofrece elevados índices de cobertura poboacional e servizos de valor engadido (cabeceira, EPG, MHP/HbbTV, monitorización de emisións, transporte IP de audio e vídeo, etc), tanto en réxime de servizo integral como O&M.