Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Máis do 84% das empresas tecnolóxicas galegas utiliza software libre | Gaiástech

Máis do 84% das empresas tecnolóxicas galegas utiliza software libre

generica software
  • Un informe publicado polo Observatorio da sociedade da información e comunicación de Galicia (OSIMGA) destaca que a metade das empresas TIC oferta bens ou servizos aos seus clientes en software libre.
  • O uso deste tipo de programacións supera ás privativas no caso dos navegadores de internet, xestión de contidos web, aplicacións de desenvolvemento de software, e aplicacións de deseño gráfico e para a formación
  • Os produtos máis ofertados son para a xestión de contidos, páxinas web e marketing dixital; así como sistemas de virtualización, servidores e aplicacións na nube

swl empresas

 

O uso do software libre mantívose por riba do 84% nas empresas TIC galegas en 2022, segundo o estudo sobre uso deste tipo de programación nas empresas TIC de Galicia no ano 2022, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA). O 84,1% empregan este tipo de software nos seus equipos informáticos, sexan ordenadores ou servidores, o que representa unha tendencia estable nos últimos anos.

 
As aplicacións libres con maior implantación nas empresas galegas seguen a ser os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas libres, as de xestión de contidos web e xestores de correo electrónico, todos eles cunha presenza superior ao 49% no sector.

As empresas TIC galegas como provedoras de solucións libres
O 51,1% das empresas TIC que vende produtos de software ofertou bens ou servizos en software libre no 2022.

Sobre o total de empresas TIC, os programas que máis distribúen en versión de Software Libre son: Xestión de contidos; páxinas web; marketing dixital; sistemas, servizos de virtualización, servidores e aplicacións na nube; e-commerce e ofimática, ofrecidas todas elas por máis da cuarta parte das empresas que venden software.

No 2022, o 89% das empresas TIC que ofrecen produtos ou servizos de Software libre proporcionan consultaría tecnolóxica de Software Libre, un 4,2% máis que o ano anterior; e un 64,2% das empresas TIC proporciona consultaría de servizos de Software Libre propio, experimentando un incremento do 4,6% respecto ao ano 2021.

Hai que lembrar que a  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fomenta o software libre no ámbito empresarial a través de diversas accións formativas e de divulgación que contan co soporte da Oficina de Software Libre.

Os datos deste informe poden consultarse na seguinte ligazón: www.osimga.gal

Fuente: Amtega