Rede de Nodos
Na actualidade, están constituídos os nodos relacionados coa ciberseguridade, a intelixencia artificial e a conectividade:
Nodo CIBER.gal
A implementación de medidas de ciberseguridade require coordinación e a compartición de recursos
Baixo esta premisa a Xunta pon en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal ao que se suman a Fegamp, as catro deputacións, dous ministerios e outros axentes públicos e privados para impulsar a concienciación e a formación de cidadáns e empresas, dar resposta a retos complexos e promover a xeración de talento neste eido.
O inicio da actividade de CIBER.gal estase a focalizar na formación e concienciación á cidadanía, ás empresas, en especial ás pemes, e ás Administracións públicas, dando resposta ás inquedanzas e necesidades sinaladas polos axentes consultados.
Nodo galicIA
As tecnoloxías dixitais están a cambiar profundamente a nosa vida cotiá, a nosa forma de traballar, de educar e facer negocios, a nosa forma de viaxar, así como a nosa forma de relacionarnos. Dentro delas, a intelixencia artificial cobra especial relevancia pois será capaz de proporcionar respostas a algúns dos desafíos aos que se enfronta Galicia: o cambio demográfico e a transición ecolóxica, incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
Neste sentido, a Estratexia en Intelixencia Artificial de Galicia 2030 constituirá a folla de ruta que integra a vontade de todas e todos de camiñar cara a unha Galicia Intelixente. Sen dúbida,a intelixencia artificial desempeñará un papel crucial na transición dixital, alzándose como denominador común na reactivación e modernización da nosa economía.
Nodo Conectivi.gal
O nodo Conectivi.gal nace como unha estrutura público-privada co fin de promover e dinamizar un ecosistema con entidades especializadas no ámbito da conectividade.
Trátase dunha estructura de colaboración formada por Universidades, Centros Tecnolóxicos e Administracións públicas que debe fomentar o investimento empresarial en innovación dixital favorecendo o proceso de transformación dixital, afianzando vínculos e sinerxías entre axentes do ecosistema dixital, no ámbito da conectividade.