Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Conta atrás para cumprir coa lei “Crea e Crece” ¿está a túa empresa preparada? | Gaiástech

Conta atrás para cumprir coa lei “Crea e Crece” ¿está a túa empresa preparada?

Streaming
Imparte: Docuten

O obxectivo da sesión é dar a coñecer as implicacións prácticas da Lei "Crea e Crece" e os prazos de obrigatoriedade da facturación electrónica para todas as empresas, ofrecendo unha guía clara e práctica sobre como adaptarse á nova normativa de forma sinxela, segura e eficiente, sen necesidade de grandes cambios nos sistemas xa existentes.
 

Programa:

  • Lei Crea e Crece: Claves normativas e calendario oficial de aplicación.
  • Marco regulatorio nacional e europeo: Requisitos técnicos e legais dunha solución de facturación electrónica.
  • Diferenzas fundamentais entre a Lei Antifraude e o Regulamento Verifactu.
  • Como asegurar o cumprimento normativo de forma áxil, segura e 100% integrada nos sistemas corporativos actuais.
  • Quenda de preguntas
     

Imparte:

Docuten

é unha plataforma tecnolóxica especializada na xestión dixital de documentos e na facturación electrónica. Con máis de quince anos de experiencia, axuda a empresas de todos os tamaños cumprimento normativo en certificación de documentos, garantindo a seguridade, a trazabilidade e legalidade. A súa solución de facturación electrónica está totalmente integrada cos principais sistemas ERP do mercado e deseñada para adaptarse aos requisitos da Lei "Crea e Crece" e do Regulamento Verifactu.

docuten

Cando?

17 Xuñ 2026
De 16:30 a 17:30

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Docuten

Para quen?

Empresas de calquera tamaño e sector que deban adaptarse aos requisitos da facturación electrónica obrigatoria establecida pola Lei "Crea e Crece". Especialmente dirixido a responsables financeiros, de tecnoloxía e de administración interesados en garantir o cumprimento normativo das súas organizacións de forma áxil e sen complexidade técnica.