Dereitos dos consumidores na era dixital, ciberseguridade e novos retos ante a revolución tecnolóxica.
A Asociación de Consumidores e Usuarios de Bancos, Caixas, Produtos Financieiros e de Seguros de Galicia (ADICAE), organiza a actividade "Dereitos dos consumidores na era dixital, ciberseguridade e novos retos ante a revolución tecnolóxica" o vindeiro día 22 de marzo en A Coruña, no Salón de Actos da Sede de UNED en A Coruña, aínda que tamén será retransmitido en liña.
A dixitalización da vida cotiá acelerouse dende o comezo da pandemia. É fundamental contar con información e con educación de calidade en tecnoloxía, e isto inclúe un aspecto clave: a ciberseguridade. É importante coñecer os dereitos como consumidores, as ferramentas que podemos empregar para evitar ciberestafas e cómo actuar en caso de que ocorran. Esta actividade é unha oportunidade para coñecer esta información da man de expertos na materia.
A actividade está dirixida ao público en xeral que teña interes en coñecer máis de preto esta temática. Para asistir, en modalidade presencial ou en liña, é preciso inscribirse previamente nesta ligazón.
Programa:
18.00h. Recepción/conexión asistentes.
18.10h. Presentación e apertura do acto.
- Dª Ana Belén Folgar Alvedro, avogada e vicepresidenta segunda de ADICAE
18.15h. Defensa legal dos consumidores na era dixital ante os fraudes online.
- D. Jose Ramón Oulego Erroz, membro de ESMA, socio e avogado colaborador en ADICAE Galicia.
18:30h. Mecanismos de prevención e xestión para os consumidores antes as ciberestafas.
- D. Alberto González Gómez, Sarxento Xefe de Equipo de @ contra a Ciberdelincuencia de A Coruña.
18.45h. A situación da ciberseguridade en Galicia: propostas, retos e necesidades en defensa dos consumidores.
- Raúl Fernández Iglesias, Coordinador da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), entidade fundadora do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal.
19.00h. Rogos, preguntas, debate e conclusións.
Máis Información
Cando?
22 Mar 2022Onde?
Para quen?
Público en xeral.