GIRL STEAM: Obradoiros para fomentar un uso creativo da tecnoloxía
Presencial (Centro GaiásTech)
Este obradoiro permitirá aos rapaces e rapazas coñecer e traballar cos principais ítems tecnolóxicos dunha casa domótica accesible. Levarase a cabo o deseño dunha casa sostible e eficiente!
As prazas son limitadas: máximo 15 persoas
Programa:
- Descubriremos que é unha casa domótica
- Deseñaremos espazos accesibles para todas as persoas
- Aprenderemos a aforrar enerxía con tecnoloxía
- Exploraremos sensores e sistemas intelixentes
- Fomentaremos a creatividade e o traballo en equipo
- Reflexionaremos sobre un uso responsable da tecnoloxía
Máis Información
Actividade organizada polo Colexio Profesional de Enxeñeria Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) no marco do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a execución dos obradoiros Girl Steam.
Cando?
03 Set 2026De 10:00 a 14:00
Onde?
Presencial (Centro GaiásTech)
Para quen?
Rapaces e rapazas de entre 7 e 11 anos