Innovación e xestión no sector libreiro: Obradoiros TIC e análise do sector en Portugal
Esta xornada ten como obxectivo formar, por unha parte, ás librarías nos programas de xestión Verial e Trevenque e, por outra parte, que todas as persoas asistentes poidan coñecer a situación actual do sector libreiro en Portugal.
Programa:
10:15 Apertura
- Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura
10:30 - 14:00 Obradoiro tecnolóxico
(streaming e presencial)
Dúas sesións paralelas que permitirán afondar no manexo e optimización de dúas plataformas de xestión:
- Trevenque (A cargo de Manuel Pérez)
- Verial (A cargo de Jesús Franco)
Tamén se abordará:
- A análise da conta de resultados mediante os programas de xestión utilizados nas librarías.
- A facturación electrónica a través de Verifactu.
- A resolución de dúbidas prácticas.
Espazo Conecta: Networking Tecnolóxico entre Librarías (Trevenque e Verial)
(presencial)
Mentres se realiza cada obradoiro, haberá un espazo paralelo para o intercambio de experiencias entre profesionais que empregan a mesma ferramenta:
- Compartir boas prácticas
- Resolución de dúbidas
- Exposición de solucións tecnolóxicas aplicadas ao día a día das librarías
16:00 - 17:30 Sector Libreiro en Portugal
(streaming e presencial)
Unha ollada ás dinámicas actuais do sector en Portugal: ferramentas tecnolóxicas, políticas de prezo fixo e outras cuestións clave que marcan a evolución do ecosistema libreiro no país veciño.
- Relatora: Rosa Azevedo, acompañada de Elvira Ginzo
Imparte:
Federación de Librarías de Galicia
É unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías con establecemento aberto na Comunidade Autónoma de Galicia, que ven desenvolvendo a súa actividade, sen interrupción dende o 29 de outubro de 1977, destaca por defender e promocionar os intereses do sector do libro. Actualmente está formada por 149 librarías.
Cando?
14 Out 2025Onde?
Quen participa?
- Federación de Librarías de Galicia
Para quen?
Librarías de Galicia