Inscricións pechadas! Impulsa a túa Peme co potencial das IAs xenerativas
Streaming
O obxectivo destas sesións formativas é ofrecer a persoas de pemes os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a súas empresas e con iso mellorar a produtividade e as súas posibilidades de crecemento e internacionalización.
Programa:
Sesión I: IAs Xenerativas (22 de abril)
- Introdución ás IAs xenerativas
- Conceptos básicos
- Tipos de IAs xenerativas
- Vantaxes e riscos
- Introdución a ChatGPT
Sesión II: ChatGPT 1º parte (23 de abril)
- Prompts e Formatos
- Creación de marcas
- Xeración de contidos
- Uso en márketing
- Web programación e apps
Sesión III: ChatGPT 2º parte (24 de abril)
- Análise de datos
- Funcionalidades
- Actualizacións de ChatGPT-4
- Introdución a plugins
Sesión IV: ChatGPT 3º parte (25 de abril)
- Plugins GPT
- Automatización
- Introdución a outras IAs xenerativas
Sesión V: Outras IAs xenerativas útiles (26 de abril)
- Outras IAs (ex. Midjourney, Dall-E 3, …)
Máis Información
- As prazas para participar neste ciclo de formacións son limitadas, habilitaranse 25 prazas, polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 18 de marzo até o 18 de abril ás 18.00 horas.
- A capacitación é de 10h, 2 horas por día.
- Para poder emitir un certificado de participación será obrigatorio asistir como mínimo ao 80% das horas.