Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

IoT, enerxía e Industria 4.0 nas pemes: claves para a diminución de custos nas industrias de produción e transformación | Gaiástech

IoT, enerxía e Industria 4.0 nas pemes: claves para a diminución de custos nas industrias de produción e transformación

Streaming

A  IoT é unha ferramenta que se adapta ás pemes? Que tipo de investimentos necesito e como calculo o retorno de investimento? Esta tecnoloxía adaptarase á miña industria? Que tipo de beneficios indirectos podo esperar? Hai axudas publicas para financiar estes desenvolvementos?

Se pensando na renovación da túa planta de produción xurdíronche algunha destas preguntas, non podes faltar a esta charla. Darémosche as chaves para entendelo, verás exemplos prácticos de empresas que implementaron estas tecnoloxías e aprenderás cales son as ferramentas de financiamento público.

Programa:

  • 10:00 IoT e enerxía: o método ITG para mellorar as prestacións da túa empresa.
  • 10:30 IoT na realidade: casos de éxito: 
    • IoT e industria madeireira
    • IoT e industria de inxección do plástico
    • IoT e climatización de ambientes
  • 11:15 Axudas públicas para a industria 4.0 
  • 11:35 descanso
  • 11.50 mesas redondas (só para os solicitantes)*

*Se tes un proxecto de renovación ou de mellora da túa planta de produción con tecnoloxía  IoT podes consultar os expertos de  ITG en sesións individuais despois da charla. Requírese solicitude de consulta a través da nosa oficina virtual despois de inscrición á charla

Organiza:

itg_oap

Impartido por

Eduardo Fontúrbel
Eduardo Fontúrbel Martínez

Eduardo é Responsable de  proxectos de Enerxía no Instituto Tecnolóxico de Galicia. Titulado en Enxeñería Industrial, Especialidade Tecnoloxías Enerxéticas pola Escola Politécnica Carlos III – Madrid,  CMVP profesional de Medida e Verificación EVO e ten a Acreditación como  BREEAM Asociado.

IoT

Cando?

29 Mar 2022
10:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Eduardo Fontúrbel Martínez