Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Lei de Ciberresiliencia: consencuencias para as empresas galegas | Gaiástech

A Lei de Ciberresiliencia: consencuencias para as empresas galegas

Centro GaiásTech e Streaming

A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura. 

Isto, por tanto, ten consecuencias para todas aquelas empresas e persoas desenvolvedoras de software e hardware. Cales son? Que repercusións ten non aplicar esta Lei? A quen acudir en caso de dúbidas? 
 

Programa:

  • 9:10-9:45 Acreditación
  • 9:45-10:00 Benvida institucional
  • 10:00-10:45 Que é a Lei de Ciberresiliencia
    • Relatora: Marelisa Blanco, de AKME, avogada especialista en propiedade intelectual
  • 10:45-11:15 Pausa café
  • 11:15-12:30 Perspectivas da Lei de Ciberresiliencia e consecuencias para as empresas
    • Eido empresarial: Xavier Castaño, Igalia 
    • Eido legal: Malcolm Bain, Across Legal
    • Eido tecnolóxico e comunitario: David Marzal, KDE España e GNU/Linux Valencia
  • 12:30 Peche

Presentación e dinamización da xornada por parte de Marcus Fernández, Webmaster da revista de tecnoloxía en galego Código Cero. 
 

Organiza:

ciberresiliencia

Cando?

27 Mar 2025
De 09:10 a 12:30

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming