Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obradoiro "Ecocápsulas do futuro: supervivencia e tecnoloxía nun clima cambiante" | Gaiástech

Obradoiro "Ecocápsulas do futuro: supervivencia e tecnoloxía nun clima cambiante"

Centro GaiásTech (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela)
Imparte: Vermislab

Imaxinemos un mundo no que un desastre climático global cambiou  para sempre o planeta. A humanidade enfróntase a condicións extremas, e os ecosistemas tradicionais xa non poden soportar a vida como antes. Para sobrevivir, necesitamos novas vivendas que sexan autosuficientes e que funcionen en harmonía coa contorna: as ecocápsulas. Este obradoiro de dúas xornadas guía aos participantes no deseño, construción e automatización da súa propia ecocápsula. Aprenderán a monitorear e controlar o ambiente interno a través do micro:bit, deseñarán compoñentes mediante impresión 3D e seleccionarán as plantas adecuadas para crear un microecosistema sostible.

O obxectivo da actividade é deseñar, construír e integrar por equipos un ecosistema autosuficiente nunha ecocápsula sostible, utilizando tecnoloxía de control ambiental e deseño 3D para maximizar a adaptabilidade a unha contorna hostil e cambiante.

Límite de prazas: 15 asistentes (darase prioridade ás rapazas xa que se celebra no marco do Día da Muller e a Nena nas TIC.)

Programa:

10 de abril | Xornada 1: Deseño e Automatización con Micro:bit e Impresión 3D (2 horas)

1. Introdución ao Escenario e a Ecocápsula (15 min)

  • Presentación do contexto de desastre climático e a necesidade de ecocápsulas autosuficientes.
  • Explicación do propósito da ecocápsula neste escenario de supervivencia e adaptación.

2. Deseño de Vivendas con Impresión 3D (45 min)

  • Introdución aos principios de deseño 3D para crear unha estrutura que conserve a temperatura e aproveite ao máximo a luz.
  • Uso de software de modelado 3D para deseñar compoñentes básicos da ecocápsula.

3. Programación da Micro:bit para Automatización (45 min)

  • Programación básica para que a micro:bit controle a luz e temperatura dentro da ecocápsula.
  • Exercicios de conexión de sensores para xestionar a iluminación e a temperatura, creando un ambiente controlado que facilite a supervivencia.

4. Discusión e Preparación para a Xornada 2 (15 min)**

  • Reflexión sobre os coñecementos adquiridos e preparación para a segunda xornada, onde se montará o ecosistema.

24 de abril | Xornada 2: Creación e Integración do Ecosistema na Ecocápsula (2 horas)

1. Introdución aos Tipos de Plantas e a súa Función no Ecosistema (30 min)

  • Explicación sobre a selección de plantas que axudan a rexenerar o aire e manter a humidade, tales como suculentas, fentos e plantas de baixo mantemento.
  • Análise das características das plantas seleccionadas e como contribúen á sustentabilidade do microecosistema.

2. Montaxe do Ecosistema na Ecocápsula (45 min)

  • Instrución paso a paso para a plantación das especies dentro da cápsula.
  • Inclusión doutros elementos naturais que contribúen á estabilidade do ecosistema, como rocas para conservar a humidade e recipientes de auga.

3. Integración dos Sistemas de Electrónica e Automatización co Ecosistema (30 min)

  • Instalación dos sensores de micro:bit na contorna de plantas para monitorear a temperatura e a luz dentro da ecocápsula.

4. Probas, Observación e Axustes Finais (15 min)

  • Probas de funcionamento do sistema completo, verificando que os sensores e automatización respondan as condicións da contorna.
  • Axustes e comprobación de que o ecosistema funciona de maneira óptima, adaptándose aos cambios en luz e temperatura.

Imparte:

Máis Información

O máximo de participantes na actividade é de 15 asistentes.

ecocapsula

Cando?

10 Abr 2025 - 24 Abr 2025
De 16:30 a 18:30

Onde?

Centro GaiásTech (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela)

Quen participa?

  • Vermislab

Para quen?

Rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos.