Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obradoiros Girl STEAM (de 12 a 15 anos) | Gaiástech

Obradoiros Girl STEAM (de 12 a 15 anos)

Centro GaiásTech

Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.
 

Programa:

  • Nos obradoiros achegarase ao alumnado ao  funcionamento das placas micro bit, identificando as súas principais funcións e programándoas con diferentes comandos. 
  • Traballarase en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica presente na Rede CeMIT. 
  • Unha vez superada esta primeira fase, continuarase fedellando coa placa na elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais de refugallo como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.

 

Impartido por

girl steam

Cando?

06 Set 2024
De 16:00 a 20:00

Onde?

Centro GaiásTech

Quen participa?

  • Paula Tubío
  • André Adrio

Para quen?

Rapaces e rapazas de 8 a 11 anos - límite de prazas: 15 asistentes