Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de valor e modelo de negocio - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital | Gaiástech

Proposta de valor e modelo de negocio - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital

Centro GaiásTech

Inscríbete

Crear Futuro ten como obxectivos:

  • Formar de maneira gratuíta e adaptada ás novas demandas da sociedade dixital a persoas prioritariamente ocupadas (tamén desempregadas en menor proporción), nas diferentes tecnoloxías, competencias persoais e metodoloxías para o emprendemento na contorna dixital.
  • Mellorar a empregabilidade dos participantes favorecendo unha maior estabilidade no emprego e propiciando a progresión nas carreiras profesionais.
  • Contribuír á mellora do tecido produtivo impulsando a transformación dixital das empresas e dando valor á cualificación dos recursos humanos en competencias para a transformación e a economía dixital.

Programa:

  • Módulo 1. Introdución
  • Módulo 2. Ingresos e custos.
  • Módulo 3. Socios.
  • Módulo 4. Metodoloxías: áxil, scrum, lean...
  • Módulo 5. Ferramentas para a modelización de empresas (Mapa de empatía, Canvas de propostas de valor e Canvas de modelos de negocio).

Interveñen

Imparte:

Programa Crear Futuro - Red.es

Crear Futuro forma parte da  iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada na área de Talento das liñas de actuación do Plan Estratéxico 2020-2022 de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.

red.es

Cando?

20 Xan 2022
16:30 - 20:30

Onde?

Centro GaiásTech

Quen participa?

  • Programa Crear Futuro - Red.es

Para quen?

  • Profesionais que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresas.
  • Profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento profesional ou a súa situación laboral.
  • Profesionais con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais (emprendedores que demandan formación).