SOMOS CIBERNÉTICAS | Gaiástech

SOMOS CIBERNÉTICAS

Streaming

INSCRÍBETE

Coñece da man da Amtega a experiencia de mulleres de éxito neste eido.

Dende a Amtega, pretendemos fomentar o aumento do talento feminino no mundo da ciberseguridade, explorando as diferentes opcións formativas nesta materia e axudar a reducir, con iso, a fenda dixital de xénero.

Programa:

Xoves 21 de abril. 16:30 - 18:30

Benvida Amtega

Referentes históricas do mundo ciber

Repaso dos principais referentes da contorna da ciberseguridade pasadas e presentes

Eva López

Coordinadora do grupo de Operación do Centro de Ciberseguridade da Amtega

Realidade formativo-profesional

Repaso das oportunidades educativas e a inserción laboral na ciberseguridade da man da propia experiencia da conferenciante

Julia Perea

Directora de Seguridade Dixital de Telefónica España. Membro de W4 C

Clausura Amtega

Martes 26 de abril. 09:00 - 18:00

Mentoring

Con cita previa, en sesións individuais en liña
de 30 minutos, dirixidas a resolver dúbidas concretas do panorama formativo e profesional
en ciberseguridade

Marta Viñuela 

Auditora e Consultora de Seguridade da Información.

Interveñen

telefonica nenas

Cando?

21 de Abril de 2022
e 26 de abril

Onde?

Streaming

Para quen?

A xornada está dirixida a todas as rapazas e rapaces maiores de 14 anos, con inquietudes acerca do seu desenvolvemento formativo e profesional.

Sen prexuízo do anterior,  o evento estará aberto a que sexa seguido na súa modalidade en liña por calquera persoa interesada na ciberseguridade.