Transformación dixital no sector da biomasa: ferramentas dixitais colaborativas para a xestión interna produtiva e eficiente
O obxectivo deste obradoiro de dixitalización é impulsar a transformación dixital das empresas mediante a adopción de ferramentas tecnolóxicas, metodoloxías innovadoras e dinámicas colaborativas, co fin de mellorar a súa produtividade, competitividade e capacidade de adaptación aos novos retos do mercado.
Programa:
09:15 | Recepción e rexistro dos asistentes
09:30 Benvida e introdución ao Obradoiro
- Eladio Otero - Subdirector de Competitividade do Igape
- Rubén Mosquera - Presidente do Clúster de Biomasa de Galicia
09:45 Relatorio: A transformación dixital como panca de competitividade no sector: Novidades tecnolóxicas, capital humano e casos de éxito de dixitalización
- Iván Fernández Aguayo - Manager de Kaizen Institute Western Europe
- Francisco Javier Álvarez - Director de produción de VEOLIA
10:20 Relatorio: Ferramentas dixitais colaborativas para a mellora da produtividade nas empresas do sector: ferramentas de trazabilidade
- Catarina Ferreira - IT Manager en Analytics en Kaizen Institute
- Caso de uso empresa
10:55 A dixitalización na industria: Caso de éxito
- Andrés Sastre Portela - Director de Proxectos de Clúster Tic de Galicia
- Caso de éxito empresas dixitalizada
11:30 | Café – Networking
12:00 Relatorio: Método Kaizen para a mellora da produtividade e competitividade das empresas
- Iván Fernández Aguayo - Manager de Kaizen Institute Western Europe
12:35 Dinámica grupal Design Thinking: Afrontar os retos do sector a través da dixitalización de procesos e xestión interna
14:15 Conclusións e peche do obradoiro
- Rubén Mosquera - Presidente do Clúster de Biomasa de Galicia
14:30 | Comida - Networking
Imparte:
Cluster da biomasa de Galicia
Asociación sen ánimo de lucro, constituída en febreiro de 2021, que agrupa empresas, entidades públicas e privadas, e outros actores crave do sector da biomasa en Galicia.
Cando?
09 Abr 2026Onde?
Quen participa?
- Cluster da biomasa de Galicia