Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aberto o prazo de presentación para acudir como patrocinador ao evento 16ENISE | Gaiástech

Aberto o prazo de presentación para acudir como patrocinador ao evento 16ENISE

ENISE
  • O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) lanza unha invitación pública para patrocinar o evento 16º ENISE. 
  • O Encontro Internacional de Seguridade da Información terá lugar os días 19 e 20 de outubro de 2022.
  • O patrocinio está dirixido a empresas ou filiais de empresas adicadas á ciberseguridade con domicilio social en España que desexen promocionar os seus produtos e servizos, internacionalizar o seu negocio ou consolidar a súa presenza no exterior. 
  • O prazo para enviar as solicitudes de patrocinio estará aberto ata o 1 de setembro de 2022.

 

O Encontro Internacional de Seguridade da Información terá lugar os días 19 e 20 de outubro de 2022 no Palacio de Exposicións de León.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade ( INCIBE), sociedade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, abre o prazo de presentación de solicitudes para o patrocinio do Encontro Internacional de Seguridade da Información (ENISE), que un ano máis se celebrará no Palacio de Exposicións de León, os días 19 e 20 de outubro.

#16 ENISE será un punto de encontro da industria da ciberseguridade, que ten como obxectivos xerar oportunidades de negocio, facilitar a internacionalización da industria española e estimular o  networking, así como fomentar o emprendemento e innovación en ciberseguridade e debater sobre tendencias, solucións e retos do sector.

Neste evento danse cita empresas, profesionais, emprendedores e start- ups de ciberseguridade; asociacións empresariais; entidades públicas e compañías interesadas en solucións de seguridade da información; investidores e posibles  partners; representantes do sector académico e investigador, e axentes multiplicadores.

#16 ENISE contemplará un programa de conferencias e mesas redondas de primeiro nivel con relatores nacionais e internacionais, unha zona expositiva e un espazo de emprendemento, e speaker  corners para dar voz a aquelas empresas que queiran presentar os seus produtos e/ou solucións de ciberseguridade. Así mesmo, co fin de promocionar e impulsar a internacionalización do sector, ofrecerase a posibilidade de realizar reunións privadas de negocio entre empresas nacionais e compradores internacionais.

Outras iniciativas que acollerá son os talleres restrinxidos programados para operadores esenciais (OOEE), provedores de servizos dixitais (PSD) e provedores tecnolóxicos de servizos críticos da administración. Ademáis, habilitaranse espazos privados para manter encontros profesionais e dúas zonas de traballo comúns para fomentar as negociacións e o  networking.

Todos aqueles interesados en participar en #16 ENISE como patrocinadores teñen de prazo ata o 1 de setembro para presentarse á invitación pública de INCIBE.

Para máis información ao respeto, pódese consultar o espazo web oficial aquí.