A capacitación dixital dos galegos recibirá ata 27 millóns de euros até 2025 | Gaiástech

A capacitación dixital dos galegos recibirá ata 27 millóns de euros até 2025

A_Rueda
  • Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro do Goberno galego, anuncia que Galicia destinará máis de 27 millóns de euros até 2025 para impulsar a capacitación dos galegos, facendo especial fincapé nos maiores.
  • Rueda precisou que o obxectivo é que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas en 2025

Para acadar estes obxectivos impulsaranse dúas medidas: o Plan de ampliación e Reforma da Rede de Aulas CeMIT e o Marco Galego de Competencias dixitais.

No tocante ás aulas CeMIT, que son claves para a mellora das competencias dixitais daqueles galegos que teñen máis dificultades para acceder a estas tecnoloxías, Rueda sinalou que este ano contarán con 1.300 prazas e impartirán 35.000 horas de formación. Ademais, destacou que os maiores seguirán tendo protagonismo, xa que, entre outras cousas, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior, aliada da rede desta rede de aulas, ten previstos 60 cursos destinados ás persoas maiores. Tamén avanzou que coa pretensión de que a Rede siga medrando se abrirán 30 novas aulas ata 2025.

En relación ao Marco Galego de Competencias Dixitais, o vicepresidente primeiro subliñou que a Xunta está a traballar no desenvolvemento dos plans de capacitación e acreditación e de avaliación e autoavaliación, que permitirán o acceso á acreditación das competencias dixitais. A este respecto, salientou que o certificado galego en competencias dixitais validará 21 competencias de 5 áreas.

Fuente: Codigo Cero