Celebración da vixésima edición de GaliciaTIC, foro de referencia do sector TIC en Galicia
- O evento celebrarase entre os días 19 e 20 de outubro de 2022 de forma presencial e en streaming na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
- Contará con conferencias, mesas redondas, seminarios e unha feira de emprego, co obxectivo de analizar a actual transformación dixital e innovación, así como potenciar o emprego e talento novo neste sector.
- GaliciaTIC 2022 dará cabida a unha mesa temática sobre os novos retos da ciberseguridade no sector da Alimentación.
A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), organiza os días 19 e 20 de outubro de 2022 a vixésima edición de GaliciaTIC, foro de referencia para o sector tecnolóxico galego.
O programa levarase a cabo de maneira persencial no edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), mantendo o streaming en diferentes actos do mesmo.
Baixo o lema "Crecemento, dixitalización e eficiecia", o evento conmemora o seu vixésimo aniversario con dous obxectivos claros: analizar o contexto xeral do proceso de dixitalización, tanto no ámbito galego como internacional e, en segundo lugar, poñer en contacto directo o talento novo, o sistema educativo e o sector tecnolóxico para crear lazos de futuro e fomentar o emprego. Todo iso levarase a cabo a través de diversas conferencias, mesas redondas, seminarios e unha feira de emprego.
Coa celebración deste foro tamén se organizará unha mesa temática onde se abordarán os retos da ciberseguridade no sector da Alimentación.
O programa completo co detalle das activiades e relatores, pódese consultar aquí.
Para asistir ou ter acceso en directo ás emisións, é imprescindible inscribirse a través da páxina web de GaliciaTIC.